 |
Este xoves, 25 de Agosto, a partir das 20:00 Entremos na Panificadora atoparáse no local da AC Bou Eva, no Tercio de Fora 11.
O deste verán, será unha pequeno encontro; no que ademáis de proxectarse o documental "Panificadora", haberá unha pequena presentación sobre a plataforma e as perspectivas para entrar na Panificadora, que se abrirá nun coloquio sobre as expectativas de rehabilitación e reutilización deste e outros elementos do Patrimonio Industrial vigués.
Coma sempre, finalizarase compartindo conversa, empanada e algo de viño.
|
|
|
|
Declaración Ben de Interese Cultural |
|
|
|
|
 |
A Panificadora vive na emerxencia. Non nos enganemos polos cantos de serea de certos cargos políticos, non basta con afastala ameaza da especulación urbanística, a Panificadora é un elemento de Patrimonio Colectivo en risco de ruina, que precisa dunha politica e esforzo político continuado.
O primeiro paso debería ser darlle o máximo recoñecemento e protección posible, o estatus Ben de Interes Cultural.
Ante a pasividade das institucións públicas responsables, Entremos na Panificadora e Niquelarte, decidimos iniciar unha campaña de recollida de sinaturas e apoio cívico para respaldalo informe BIC ante o Consello da Xunta.
|
|
|
 |
Entremos está de volta. Despóis duns meses na expectativa e reflexión, a Plataforma pola Reutilización e Rehabiltación da Panificadora volta á actividade.
Dende xa, e ata o 7 de Agosto, podedes achegarvos ata o Centro Social Bou Eva (r/ Tercio de Fóra 11, Vigo) para admirar varias fotografías da Panificadora, e participar na campaña pola declaración coma Ben de Interese Cultural.
|
|
|
|