Panificadora
Entremos
Participa!
Acceso
| Manifesto |
|
|
|
|
Rehabilitación integral Declaración de Ben de Interese Cultural Reutilización coma espazo público aberto Debate público sobre os vindeiros usos
Entremos é unha plataforma que busca promover un debate social aberto sobre o futuro da Panificadora de Vigo. Esta factoría é para nós, patrimonio inalienable da cidade: símbolo do pasado recente de Vigo e testemuña do seu carácter industrial. Unha infraestrutura que o novo século non debe desbotar.
A cidadanía ten dereito a protagonizar ese proceso de rehabilitación, sendo ésta, a que propoña e imaxine os usos futuros deste espazo segundo os seus intereses, inquedanzas e necesidades mediante a participación nun debate público e aberto.
A reutilización debe convertir o complexo da panificadora, nun espazo para o desenvolvemento do seu entorno socioeconómico, o Casco Vello e de toda a cidade de Vigo. Non entendemos a loita pola conservación da Panificadora se non podemos entrar nela, logo ... Entremos!.
- Rehabilitación integral: Entremos persegue a conservación e rehabilitación íntegra de todos os espazos, sen cambiar as súas características estruturais. Non aceptamos un proxecto (como o presente) no que unha parte do complexo sexa derribado para a construción de vivendas.
- Reutilización coma espazo público e aberto: Entremos apoia o seu uso coma espazo de titularidade pública, estando de forma continuada á disposición e servicio da cidadanía.
- Declaración coma BIC (Ben de Interese Cultural) e incorporación ao Conxunto histórico artístico do Casco Vello: Esta sería a vía institucional para protexer a Panificadora da especulación urbanística.
Se compartes algunha das nosas propostas e obxectivos, participa, plantexa as túas propias, fala con nós e visita www.entremosnapanificadora.com |



