Quen somos?

 

     "Entremos na Panificadora"é unha plataforma ou colectivo aberto de cidadáns, que promove o compromiso coa identidade e futuro de Vigo. En concreto, ao tocante de unha parte moi importante do noso patrimonio histórico: a Panificadora.

 

     Esta imponente edificación é o noso "causus belli", e a entendemos coma unha testemuña do noso legado industrial, ademáis de ser unha potencial infaestrutura para o desenvolvemento local.

 

     "Entremos" esixe polo tanto, a íntegra conservación da Panificadora e cre que é necesario desenrolar un proxecto de rehabilitación factible para todas as partes. Debe ter en conta o seu valor coma ben de interese cultural, atendendo sempre ás necesidades e intereses do seu medio: o Casco Vello de Vigo, a cidade e toda a bisbarra.

 

     É por isto polo que "Entremos" convídavos a promover un debate cívico. Algo importante que xa existe noutros eidos da sociedade, pero que neste caso precisa dun desenvolvemento máis construtivo: máis debate político e máis información útil.

 

festa da reutilizacion

O 27 de Xuño, na traseira do Marco, Entremos encontrouse coa cidade; nesta ocasión tratábase de suliñar o útil e creativo da reutilización.