Noticia PDF Imprimir E-mail

 

buco

    Xa sabíamos dende fai tempo que a Panificadora está a súa sorte: se callar, a última ocasión en que propietarios e municipalidade repararon no antigo complexo industrial foi para especular con ela (claro, iso foi antes do crack inmobiliario).

    Agora temos outra prova do total e absoluto abandono da Panificadora: o edificio ainda non pasou a Inspección Técnica, a pesares de que por ordenanza municipal estaba obrigaba dende o ano 2007.

 

    A Inspección Técnica de Edificiós (ITE) é unha obriga que os propietarios dos inmobles (neste caso Vicus Gestión S.L., Promocións Montelouro S.A. e Compañía Viguesa de Panificación S.A.) teñen coa cidade: son eles quenes teñen que contratar un corpo técnico independiente (ainda que hai axudas públicas para costealo) para que se faga unha diagnose, e así poder manter os inmobles nuns niveis mínimos de seguridade e salubridade.

    A ITE debe pasarse según a antiguidade da construcción, ás diferentes fases construtivas da Panificadora tócaballes entre 2007 e 2010. Según información obtida por Entremos na oficina da ITE da Xerencia de Urbanismo do Concello: por agora, aos propietarios abriuselles un requerimento para que subsanen a falta, e un expediente sancionador pola súa demora.

    Hai pois, máis unha razón de interese público (a seguridade de inquilinos, veciños e viandantes) para que por fin a Panificadora sexa expropiada. Tamén neste caso (coma nas razóns histórico-culturais) é o Concello de Vigo o máximo responsable.

 


 

Artigos e documentos relacionados:

 

En Entremos estamos recollendo cartas de reclamción para que a Panificadora sexa declarada Ben de Interese Cultural pola Xunta

Ordenanza ITE

Convenio Panificadora

Propiedade, ruina e especulación 

Nota 3 de Ordenamento xurídico do Patrimonio Cultural