Panificadoras do mundo... PDF Imprimir E-mail
Escrito por lucius   

 

california

Stockton, California, Usa

    Evidentemente, no mundo hai máis dunha panificadora, son comúns coma común é a necesidade social que satisfacen. Máis "sorprendente" é o interese con que son tratadas algunhas delas na actualidade; coma elemento de patrimonio histórico-cultural e singulares obxetos de arquitectura industrial, son materia de minucioso estudio e proxectos de reutilización.

    

grain elevators

1. "O libro dos celeiros"

    O matrimonio de fotógrafos alemáns, Bernd & Hilla Becher adicaron o seu penúltimo libro as panificadoras, máis propiamento dito, aos celeiros (ou silos de gran). "Getreidesilos" (Schirmer/Mosel 2006) contén 246 fotografías de panificadoras de EE.UU., Reino Unido, Francia, Alemaña e Bélxica, retratadas entre 1961 e 2006.

     O traballo dos Becher ten un dobre valor, o artístico e o documental.  

    A inconfundible técnica destes pioneiros da fotografía de edificacións e paisaxes industriais (sempre en B/N, tomadas en cámara de gran formato -13x18- dende a altura do ollo humán) converte cada un destes edificios en magníficos corpos esculturais. A determinación do ollar colectivo dos Becher é claro: SI, O PATRIMONIO INDUSTRIAL É BELO.

 

2 t

Findlay, Ohio, Usa.

     Mais o traballo dos Becher non termina haí, os retratos dos edificiós industriais son sempre ramificados, sexa con composicións de 9 ou 15 tomas (son as Typologies) ou con estas edicións bibliográficas.

     A máis, os retratos, coma se tratase dunha catalogación, van sempre perfectamente identificados co nome do lugar e a data da toma. Isto permite unha certa aproximación a cultura material da éra industrial.

     Así da análise de Getreidesilos, desprendese que, en todos celeiros industriais do mundo (incluida a nosa Panificadora) existe unha subdivisión estructural común: zona de carga, torre de elevación, sala de distribución e depósitos.

 

4 t

Piper City, Illinois, Usa.

    Tamén, que a solución construtiva dos celeiros da Panificadora de Vigo (agrupación de cilindros de formigón armado feitos por encofrado deslizante) é frecuente; menos común é que estean unidos a unha factoría; moi raro é atopalos integrados na paixase urbana; e o que non acontece en ningún dos máis de 200 casos retratados polos Becher, é que no cúmio dos celeiros haxa un espazo dedicado exclusivamente a ser un mirador: normal..., cantas cidades teñen unhas vistas como as de Vigo!

 

  

php5wwsmpam

Quaker Square Inn, Akron, Ohio

2. Reutilizacións.

     Ao longo do mundo hai moitos casos de antigas panificadoras reutilizadas.

    En Europa o máis común é que sexan para usos socio culturais diversos. Na web de Patrimonio Harino-Panadero podedes atopar varios casos. Un dos caos máis sobresaintes é o caso da Farinera del Clot, en Barcelona, reutilizado coma centro socio-cultural autoxestionado.

    En Norteamérica, sorprende o pragmático caso do Quaker Oats de Akron. A actividade industrial cesou no ano 70, mais (aproveitando a súa centrica situación) tan só cinco anos máis tarde boa parte foi reconvertido nun centro comercial. Recentemente o complexo foi adquirido pola universidade para que sirva coma residencia do estudantado.

 


 

Notas e ligazóns.

- Galería con imaxes de Becher,"Grain elevators",  Massachusetts Institute os Tecnology, 2006.

   Podedes atopar este libro na "Biblioteca Amalgama" (Marques de Valterra 5)

- Tamén é interesante o catalogo dixitalizado do Historic American Buildings Survey/Historic American Engineering Record  da Biblioteca do Congreso de EE.UU. (Search="Grain Elevators")

 

http://harineras.blogspot.com/

http://www.farinera.org/default2.aspx