Manolo de Sober PDF Imprimir E-mail

 

anaqueles_Thumbnail

    Entrevista feita por Entremos a "Manolo de Sober". 

    A finais dos sesenta, sendo un mozo, Manolo seguiu a invitación dos seus coterráneos e deixou o seu emprego como panadeiro nunha pequena tafona da Ribeira Sacra para buscarse un futuro na gran cidá:  os dous primeiros anos os pasou traballando na Panificadora. Agora fai memoria e contanos as súas lembranzas sobre o funcionamento da Panificadora na súa fase final.

 

ENTREVISTADOR: Gustaría que primeiro me contara…eeeh…eso, quén é ustede, de dónde…, o sea, cómo foi un pouco a súa vida hasta que entrou na Panificadora.

TRABALLADOR: Eu chámome Manolo de…, nacín en Sober na provincia de Lugo.

ENTREVISTADOR: Ah!

MANOLO: Na Ribeira Sacra

ENTREVISTADOR: Cerca de…

MANOLO: Como lle chaman ahora.

ENTREVISTADOR: Sí como lle chaman agora.

MANOLO: Exactamente. E bueno entonces eu alí traballaba nunha panadería. Tiña aquí un primo que ao mesmo tempo era o meu padriño.

ENTREVISTADOR: Ajá!

MANOLO: E conocía ao encargao da Panificadora, entonces faloulle de…

ENTREVISTADOR: Sí, porque era de, era rexión tamén, era de por alí, no?

MANOLO: Oooo… dueño…

ENTREVISTADOR: O propietario

MANOLO: … era de, era Ferreira de Pantón

ENTREVISTADOR: Exacto. E perto, no? máis ou menos.

MANOLO: Sí, é oito kilometros

ENTREVISTADOR: Oito kilómetros.

MANOLO: Pero eu viña por mediación do meu padriño. Conocía ao encargado da panadería, díxolle que traballaba nunha panadería, mandoume a vir. Dixome que sí, que viñera que había traballo. Entonces, pues vai! E así empecei.

ENTREVISTADOR: E qué foi? O seu primeiro traballo que tivo en Vigo, entonces foi…

MANOLO: Foi na Panificadora

ENTREVISTADOR:.. na Panificadora.

MANOLO: Exactamente. Ganaba setecentas noventa pesetas, cada semana e tres barras de pan diarias, que do tempo valían tres pesetas cada barra.

ENTREVISTADOR: Vale, sí, sí.

MANOLO: Pagaba ochenta pesetas de pensión e descontaban as nove pesetas das barras de pan, e así fun tirando. (Rí)

ENTREVISTADOR: (Tamén sonrí) Entonces estivo, dous anos, non?

MANOLO: Estuven dous anos sí. Fixen un curso na escuela acelerada, e despois fun onde a pintura.

(...)

ENTREVISTADOR: Pero en Sober usted era Panadeiro

MANOLO: Sí, eu traballaba de panadeiro alí desde os quince anos.

ENTREVISTADOR: Desde os quince anos. Qué era unha empresa familiar?

MANOLO: No, no. Era un panadeiro que votaba alí a traballar, pagaban e…

ENTREVISTADOR: E…. de peón.

MANOLO: Exactamente. Andaba a repartir, e cogíamos as cinco da mañan ata as dez e despois eu marchaba cun cabalo polas aldeas…

ENTREVISTADOR: A repartir.

MANOLO: … a repartir o pan, e viña a facer os lévedos, e bueno o que había ali.

ENTREVISTADOR: Sí, sí, sí.

MANOLO: Que todo era a man, que non era como agora

ENTREVISTADOR: Unha empresa pequena. E chegou aquí, o traballo na, na Panificadora, o sea, vostede que…, qué puesto desempregaba? Qué…?

MANOLO: Eu tanto estaba nos fornos, como no…, como no formación do pan. Como todo era, era automático. Aquí xa eran máquinas automáticas, votábase da masa, collíase coas máos, votábase, e xa pesaba, e xa salía a barra feita polo outro lao, so era coller as barras e entablalas, metelas nunhas lonas e…, nunhas tablas,…

ENTREVISTADOR: Sí, sí, sí.

MANOLO: Despois metelas a cámara, e despois xa o forno. Os fornos eran automáticos, con transportadores e todo. Púñase o tempo de coción, según o pan que fora, vinte, trinta ou carenta minutos ou o que fora, e aquel tempo salia o pan para fora. Xa cun cepillo o barría, xa iba ao despacho abaixo. Xa.. ,non se quitaba con palas, nen...

ENTREVISTADOR: E cántos, cántos compañeiros eran?

MANOLO: Sobre vinte e dous eramos a traballar alí.

ENTREVISTADOR: Alí na… na sección do…

MANOLO: Arriba na panadería.

ENTREVISTADOR: Na panadería, porque despois había máis seccións, no?

MANOLO: Exactamente. Despois había o…, abaixo, onde contaban o pan, llo daban as panadeiras; contaban, o repartían…

ENTREVISTADOR: (Asínte)

MANOLO: E tamén había a molinera. Que repartía fariña para as outras panaderías por ahí, e veu pan to neto*(¿?) que era…

ENTREVISTADOR: Vinte e dous. E qué, qué tiñan, un…, un turno, ou tiñan doble turno

MANOLO: Non, un turno; e despois había un retén de catro homes…

ENTREVISTADOR: Sí.

MANOLO: ..que traballaba para os hoteles, de día. Según os pedidos dos hoteles, así traballaban.

ENTREVISTADOR: Qué traballaban, pola tarde, non?

MANOLO: Exa…Non, pola tarde non, a partir da dez. Entraban as dez da mañán, que era a hora a que salíamos,

ENTREVISTADOR(Asinte)

MANOLO: Entraban as dez da mañan e estaban ata as seis da tarde

ENTREVISTADOR: Bueno, iso, casi tarde. Qué sería, turno de madrugada e de mañana.

MANOLO: E… exatamente.

ENTREVISTADOR: Moi ben…Eeee… entón. Daquela xa estaba, eso, me acaba de comentarme agora, xa funcionara, empezara a funcionar a fábrica de piensos, no?

MANOLO: De piensos, no sesente…a finais no sesenta e sete, ou principios do sesenta e oito, debeu empezar

ENTREVISTADOR: O sea que cándo vos; vostede entrou, e estaban construindo o edificio, ainda?

MANOLO: E…, non, estaba feito.

ENTREVISTADOR: Estaba feito.

MANOLO: Estaba feito pero…, a…, cando…, a mirar: estaba o montaje da eletricida, pero o que é o edificio de pedra estaba feito.

ENTREVISTADOR: Só faltaba a posta a punto. Moi ben, entonces eso eu…(mirando as notas) Xa falamos diso, sería facendo… Qué pan facían? Pan…

MANOLO: Facíamos as barras normal. Calculo eu, non me acordo moi ben, pero creo que era, sobre cinco mil barras; destas que son ahora, que eran, antes eran trescentos trinta gramos, ahora son douscentos vinte; pero antes eran trescentos trinta, tres barras era un kilo. E…, facíamos pan pa Citroën, sobre catromil quinientas pezas de una (imperceptible) pequenas, sobre setecentos moletes redondos…, bue… en fin.

ENTREVISTADOR: Entonces, luego o pan, o pan, dicía antes, repartidoras, non? Que había…

MANOLO: Sí, sí. Baixaba o despacho e alí había un encargado, que me acorda ahora, era zamorano, non me acorda ahora o nombre, nin que volva loco.

ENTREVISTADOR: (Sorrí)

MANOLO: Pero conocíao perfectamente, e tal. Ese era o que se encargaba, él e dous máis, a contarlle o pan as repartidoras. Andaban coas cestas a cabeza, daquela, e máis había furgonetas, que levaban ao sitio.

ENTREVISTADOR: As repartidoras?

MANOLO: E incluso levaban ao puerto, e iba pa Cangas, iba pa… Guardia,…

ENTREVISTADOR: Ah! Sí.

MANOLO: … iba pa moitos sitios. E facíaselle o pan para soldados a Ba…, en Barreiro, que viñan cun…, cun chisme de un cabalo a buscalo; que non…, a carretas dun cabalo, viñan dous soldados a buscar o pan todos os días.

ENTREVISTADOR: Sí, sí, sí. É máis ou menos o que eu coñecía, pero tiña dúbidas se había cambiado un pouco co tempo. O sea, pero seguían teniendo…

(...)

MANOLO: Había dous fornos de carbón, e un eléctrico.

ENTREVISTADOR:E un eléctrico, xa, sei,….

MANOLO: Tiñan unha plancha para tostar o pan, para facer o pan rallado, e eso. Era onde, cando se facían os roscós, cando era polas pascuas.

ENTREVISTADOR: Ah! Tiñan tamén unha confitería?

MANOLO: …, unha plancha enorme que entraba por unos raíles… Non, non tiñan confitería: facía; deixabanlle facer aos clientes o…, o (imcomprensible). Viñan os clientes alí, e amasábanselle os roscós, o algúns os traían amasados; facíanselle alí; e cociano alí, os clientes.

ENTREVISTADOR: Ah, vale! Como por…, claro, por reyes, como..

MANOLO: Eeee…xatamente.

ENTREVISTADOR: …, unha cortesía.

MANOLO: Eeee…xatamente.

(...)

MANOLO: Había o…, o taller dos coches.

ENTREVISTADOR: Dos coches.

MANOLO: Da reparación dos coches.

ENTREVISTADOR: Os coches. Había un…

MANOLO: Eso ainda me acordo eu alí

ENTREVISTADOR: Entonces había un mecánico alí?

MANOLO: Sí, sí. Había un mecánico, había un electricista, había…

ENTREVISTADOR: E tiña mulleres compa…, compañeiras mulleres.

MANOLO: Na…, arriba na panadería no.

ENTREVISTADOR: Na panadería no.

MANOLO: Estaban abaixo no…, onde contaban o pan, e eran as que repartían e eso. Na panadería no. Na panadería eramos homes todos.

(...)

MANOLO: Xa non sei. Eu, salín de alí, no sesenta e oito, entrei na Citroën no setenta e un. E cando eu entrei e na Citroën, sí, xa non había pan da Panificadora.

ENTREVISTADOR: Xa non había, non?

MANOLO: No (medita en silencio) Non seica. Sí, sí, oh! O principio había pan da Panificadora. Cando eu estaba ahí, que quedaba a velar, e…, e era o pan da Panificadora.

ENTREVISTADOR: E vostede entrou no ano setenta e un. A traba…

MANOLO: Si no setenta e un, pero hasta o ochenta e un, claro que había.

ENTREVISTADOR: Bueno, para o pan da Citroën traballaría moita xente, non? diferente.

MANOLO: Sí, sí. Non, non, pero o pan era exclusivo da Panificadora.

ENTREVISTADOR: Da Panificadora

MANOLO: Mentres durou a Panificadora, exclusiva…

(...)

MANOLO: Sí, sí, estaba todo mecanizado, prácticamente. Cando viñen para aquí…

ENTREVISTADOR: Comparado co traballo que tiña alí.

MANOLO: Alí nada, amasaba, solo había a amasadora, o resto todo…, pesábamos a man e todo.

ENTREVISTADOR: Alí en Sóber, non?

MANOLO: En Sober, pesábamos a man.

ENTREVISTADOR: E o pan que estaba máis rico o dalá?

MANOLO: Hombreee…

ENTREVISTADOR: (Ríii) Es que…Bueno, claro eu nacín xusto cando pechou, bueno no ano ochenta e dous. Pero bueno, a amiga, a…, a nai dun, dun amigo, que iso, recordaba que o pan da Panificadora non lle gustaba nada, nada.

MANOLO: Non, nada, moi malo. A ver, era un industrial.

ENTREVISTADOR: Industrial, non? pan normal, ahí claro todo…

MANOLO: E últimamente peor. Cando estaba eu ainda, ainda, pero despois…

ENTREVISTADOR: Notoulle, oh!… E a fariña?

MANOLO: Desde que morreu o vello, eso foi un desastre; porque os fillos… non facía falta, cada un… Un estaba no ayuntamiento, o outro era, era avogado e estaba no ayuntamiento, Don Manuel; e Don Antonio e o que levaba máis aquello, pero tamén quedou viudo, tiña unha chea de fillos, despois volveuse a casar,… xa non…

ENTREVISTADOR: Iso…Cando perdeu o mando.

MANOLO: Despois tiña a filla tamén, pero a filla o…, era o, o jefe dos soldados de Barreiro, o home, entonces…

ENTREVISTADOR: Non había interés, non? Non había

MANOLO: (imperceptible) …era moi novo.

(...)

MANOLO: A fariña viña; últimamente, viña xa de…; cando eu estaba alí molíase alí. Viña o grano de Zamora, de por ahí…,

ENTREVISTADOR: Bueno, o grano.

MANOLO: E mouíase ahí, porque nós descargábamos a fariña, viña desde a molinera de arriba. Eu acor…, eu teño subido, a moer…, a molinera. E viña con os, por unos tubos; e nós pesábamos un, había como unha turbina arriba, e ao baixar a fariña, para aqueles depósitos, pesábase. Según a agua que votaras, para saber a fariña que votabas, no? Entonces abaixo, viña direta desde a molinera pa baixo. Non andabas con sacos nen, nada, nada.

ENTREVISTADOR: E entonces. Vamos a ver, eso, unha cousa. O sea o gran viña d’afora, non?

MANOLO: Viña de afora

ENTREVISTADOR: Viña d’afora.

MANOLO: Metiamolos neses silos, que son os famosos silos. Ahí é onde estaba o gran. E despois iamos, se nos facía falta, íamos moendo. E…

ENTREVISTADOR: …e a molinera…

MANOLO: Porque incluso eles, vendían a fariña pa’o; non, non; pero vendían fariña tamén pas outras panaderías, que a repartían con camións, eh! sí, sí, me acordo eu ben perfectamente.

(...)

ENTREVISTADOR: E a procedencia do gran? O sea, qué era? gran de Castilla…

MANOLO: Era de, de Peñaranda de Brancamonte mesmo (¿?)

ENTREVISTADOR: Ah vale, de acordo. Porque alí tiñan outra empresa, outra…

MANOLO: Outra molinera.

ENTREVISTADOR: Outra molinera.

MANOLO: Esa era do e…, era… a muller do fillo, e que, e a que era da ahí, de esa molinera.

(...)

ENTREVISTADOR: Ajá! Eee… E vostede sabía como, o…, o sea para facer os piensos, utilizaban só oo…? o sea, porque…, tiña entendido que aproveitaban…

MANOLO: Descargaban os camións da fariña de pescao, e de todo eso. Sí que me acorda, porque os descargaban e…, grano e eso. E despois molian alí todo, claro. Pero non sei cómo facían, eso xa…

ENTREVISTADOR: Eso. E vostede sabe cánta xente, e tal, podía traballabar ahí? Nesa…

MANOLO: Pouca, eh!

ENTREVISTADOR: Pouca.

MANOLO: Pouca. Non sei…, non sei, pero… Podrían ser dazaoito, ou…

(...)

ENTREVISTADOR: …,para a cidade, para… moi nova, toda a tecnoloxía moi nova, no (incomprensible)….; unha gran empresa,…

MANOLO: A min me parecía un mundo cando vin para aquí. Porque comparado a cocer, a cocer alí… dous sacos de fariña, aquí eran cincuenta e non sei cantos. Porque as pezas que salían eran cincuenta sacos ou máis, de cincuenta kilos. Entonces claro, era un mundo.

(...)

MANOLO: Eso estaba moi mecanizado. Porque incluso as, as cubetas das amasadoras, salían do sitio, non eran amasadoras fijas. Tiñan un engranajes así metidos na parede, con un torno, un motor, que estaba alí, que estaba metido na…, solo se miraba o engranaje.

ENTREVISTADOR: Sí, sí.

MANOLO: Na, na parede, entón entraba, tiña un rieles a amasadora, entraba coas rodas por alí, por aqueles rieles e ao chegar ao tope, enchufaba e xa…, xa amasaba, xa giraba, porque o facía o función era o motor d’atrás, claro. E tiña un engranaje, que era o que, o que movía a…, que lle daba voltas a amasadora.

ENTREVISTADOR: Aja (afirmativamente) Non me acordo de…

MANOLO: Quitabas a…, a amasadora e levabanse xa para as pesadoras, xa.

ENTREVISTADOR: Directamente as cubetas.

MANOLO: As cubetas, lle chamábamos cubetas bue…, efectivamente eran as cubetas. Porque a amasadora era un…, un torno, que estaba arriba…, tiña así como uns cornos, igual que unos cornos e amasaba así, en vez de ser a amasadora tradiconal de aspas, era un torno que amasaba así, eran como unos cornos de un buey, prácticamente, máis pequenos, pero era así. E daba voltas así, pa…, entraba, facía este movimiento (cos brazos diante do peito, a mesma altura os dous, movendos acompasados en circulo)

(...)

 

FIN